É unha das seis deusas principais do panteón grego clásico.
Deusa da sabedoría, gardiá da xustiza e das leis.
Aínda que é unha deusa virxe actúa como nai adoptiva de heroes como Perseo e Teseo, e é adorada desde moi antigo como patroa de Atenas, onde se construíu o Partenón, o Erecteión e os Propileos para adorala. Nos mitos clásicos nunca tivo consorte ou amante, e por iso a miúdo era coñecida como Atenea Partenos ("virxe").
Represéntase coa armadura hoplítica, é dicir, coa lanza, o casco (na nosa imaxe non o leva) e a éxida (aquií leva como unha túnica pero sería unha especie de coraza de pel de cabra).
O seu nacemento foi accidentado, pois Zeus, tras deixar preñada a Metis, e para evitar os celos da súa esposa Hera, cómea. Co paso do tempo Zeus sofre unhas incribles dores de cabeza. Acode a Hefesto, quen lle abre a cabeza coas súas ferramentas de ferreiro, de onde nacerá Atenea, xa adulta e armada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.