Kofi Annan afirmou que o concepto de Novo Orden Mundial da información, que "deu lugar a moitos malentendidos", quedou paralizado hai tempo. Para acabar coa tiranía, a opresión e o abuso de poder, a mellor inversión é a información. Un cidadán ben informado coñece os seus dereitos e sabe defenderse, proclama Kofi Annan, quen non obstante recorda que en moitos países do mundo aínda falta a calidade de vida mínima para que os cidadáns poidan plantexarse o seu dereito á libre circulación de información.
Hai anos celebrouse un importante congreso en Windhoek, Namibia, que conduciu á Declaración Windhoek para unha Prensa Africana Independente e Pluralista. Á súa opinión, cal foi a evolución da liberdade de prensa en África durante estes sete anos?
Wole Soyinka díxonos que consideraba perverso que a comunidade internacional aplaudira a Nigeria pola súa intervención en favor da democracia en Sierra Leona, sendo un dos peores rexímenes africanos en canto concerne á liberdade de expresión. Vostede que opina?
Si, ata certo punto creo que ten razón. Por outra banda, sempre afirmei que se o goberno nixeriano se aliaba con outros gobernos da rexión co propósito de restaurar a democracia, reafirmando que a única base legítima de autoridade é a vontade do pobo, chegaría o momento no cal os nixerianos se preguntarían: "E cando nos van tratar a nós da mesma maneira?"
As nacións democráticas criticaron o concepto do Novo Orden Mundial da Información por poñer a información incondicionalmente ao servizo dos gobernos.
"A PRENSA É IMPORTANTE CANDO DENUNCIA, PERO TAMÉN PODE FACER UNHA LABOR DE PREVENCIÓN. O MUNDO MEDIÁTICO SOE ACUDIR AO ESCENARIO CANDO SE DERRAMOU SANGUE E REGRESAR A CASA TRAS CONTAR O CONTO. PERO OS MEDIOS PODEN CONTRIBUIR A OBRIGAR ÁS AUTORIDADES A REACCIONAR ANTES DO CONFLITO"
Como reacciona o secretario xeral da ONU cada vez que se enteira de que un xornalista foi asasinado ou encarcerado en algunha parte do mundo?
A perda de vidas, tanto de xornalistas como de calquera individuo, é unha tragedia que me consterna profundamente. Non é posible a existencia dunha sociedade verdadeiramente libre e democrática sen unha prensa libre. As tecnoloxías, como Internet,
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.