22 de abril de 2023

Inicio de Os negros fosos da Lua

OS NEGROS FOSOS DA LÚA
Robert A. Heinlein

O primeiro domingo despois da nosa chegada á Lúa fomos a Rutherford. Papá e míster Latham -míster Latham é o axente do Harriman Trust, a quen papá veu ver á Lúa -papá e míster Latham, digo, tiñan que ir aos seus negocios. 
Conseguín que papá me prometese que me deixaría ir tamén, porque me parecía a única posibilidade de coñecer algunha vez a superficie da Lúa. Lúa City é bonita, desde logo, pero rétovos a que distingades un corredor de Lúa City dos subterráneos de New York, salvo que, desde logo, sente un os pés máis lixeiros.
Cando papá entrou nas nosas habitacións do hotel a dicirnos que estabamos a piques de marcha, eu estaba sentado no chan xogando ao boliche co meu irmanciño menor. Mamá botouse e pediume que non deixase ao pequeno que metese ruído. Sentira vertixe durante toda a viaxe desde a Terra e creo que non se atopaba moi ben. O mocoso estivera toda a viaxe xogando coas luces, apagándoas e pasando de «penumbra» a «sol do deserto», e volta a empezar. Agarreino polo cocote e senteino no chan.
Desde logo, non xogo xa ao boliche, pero na lúa é verdadeiramente un bo xogo. A bóla practicamente flota e pódese facer o que se queira con ela. 
Inventamos unha serie de novas regras.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.