Son unha serie de actividades organizadas pola nosa entidade ou por outras coas que colaboramos para a promoción.
Nestes primeiros días a nosa principal actividade será o Torneo de Nadal de Xadrez (bases) que se celebrará o sábado 10 no Centro Comercial Los Rosales.
Pero ata entón todos os días os nosos socios de CIDU teñen torneos, a maioría deles válidos para ELO FIDE.
Podes ver os diferentes torneos en https://www.xadrezuniversitario.org/2022/11/a-tope-na-ponte.html
1996: Lanzamento do Mars Pathfinder, primeira misión a Marte que incluía un rover.
Así que hoxe tes unha actividade no Centro Universitario de Riazor, no día que celebranos Santa Bárbara que segundo a tradición naceu en Nicomedia, filla do rei Dióscoro, quen a encerrou nunha torre. Durante unha ausencia do seu pai, Bárbara converteuse ao cristianismo e o seu pai castigouna salvaxemente. No seu martirio foi atada a un poldro, flaxelada, desgarrada con anciños de ferro, colocada nun leito de anacos de cerámica cortantes e queimada con ferros ao lume. Tras isto o rei Dióscoro enviouna ao xuíz, quen ditou a pena capital por decapitación. O seu mesmo pai é quen a decapitou na cima dunha montaña, tras o cal un raio alcanzouno, dándolle morte tamén.
A imaxe de santa Bárbara aparece ás veces asociada ao raio que caeu no seu martirio, facendo que sexa relacionada cos explosivos e así é patroa da arma de Artillería. O depósito de explosivos nos buques recibe o nome de santabárbara.
En 1248: Alonso o Sabio, toma Alacant e bautiza por ser neste día á súa fortaleza como de "Santa Bárbara".
1791: Publícase o primeiro exemplar de The Observer, o primeiro dominical da historia.
1985: Declaración de Santiago de Compostela como Patrimonio da Humanidade.1996: Lanzamento do Mars Pathfinder, primeira misión a Marte que incluía un rover.
Tes mais efemérides en www.palaestra.info
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.