A Batalla de Empel foi un conflicto militar que tivo lugar os días
7 e 8 de decembro de 1585 durante a Guerra dos Oitenta Anos, unha guerra de independencia levada a cabo polos Países Baixos contra a coroa. Na batalla, un tercio do exército español, o Tercio Vello de Zamora, comandado polo maestre de campo Francisco Arias de Bobadilla, enfrontouse e venceu en condicións moi adversas a unha frota de cen barcos dos rebeldes dos Estados Xerais dos Países Baixos, baixo mando do almirante Felipe de Hohenlohe-Neuenstein.
Dado que os soldados consideraron que a vitoria foi grazas á intercesión da Inmaculada Concepción, foi proclamada patroa dos Tercios españois.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.