as Navidades, coas túas mulleres.
Hoxe é o Día Internacional do Voluntariado para o Desenvolvemento Económico e Social foi decretado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1985. Dentro das nosas actividades deste Nadal temos hoxe una xuntanza preparatoria para crear unha entidade social.
Tamén hoxe inicia en Sada ás 18,00 o Torneo Maratón de Xadrez (https://www.xadrezuniversitario.org/2022/11/torneo-maraton.html)
Como estamos con esta serie de torneos este martes non haberá o "Martes de Xadrez". A semana pasada o gañador foi o noso secretario Diego Medín.
Temos dúas efemérides curiosas para este día relacionadas co paranormal:
1484: en Roma o papa Inocencio VIII publica a súa famosa bula, pola cal ordena á Inquisición perseguir ás bruxas no mundo coñecido.
1872: A tripulación do Dei Gratia, un barco que navegaba desde New York até Gibraltar, avistou o bergantín Mary Celeste preto das Azores. O capitán mandou a algúns dos seus homes ao Mary Celeste, para rexistralo e axudar no posible. Ao chegar ao barco, non atoparon a ningún dos tripulantes. A roupa duns e outros estaba ordenada nos seus respectivos caixóns; non atoparon o bote salvavidas, o sextante, o cronómetro nin a bitácora. O diario de navegación atopábase no cuarto do capitán; a última anotación era do día 24 de novembro, pero non sinalaba nada relevante. Segundo o diario, o tempo estivera revolto, pero ningunha outra circunstancia de gravidade. Foi un extraño caso de buque fantasma.
Lembra que tes más efemérides do día en www.palaestra.info
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.