25 de xuño de 2021

Xadrez este fin de semana

Estes días temos cousas distintas para pasar os tres días do Fin de Semana. 

Convén prestar atención, porque hai cousas bastante distintas.

VENRES ÁS 20,00

Unha vez rematado o Circuito de Primavera de INCUDE, non temos previsto moitas actividades nos venres. De feito hoxe teríamso que ter a última xornada do Universitario de Semirrápidas. Pero desenvolveuse con rapidez (rematou coa vitoria de Rodrigo Pena).

Aproveitamos para facer ás 20,30 o primeiro torneo da Asociación SEDA, que é unha entidade que ten varios anos e que por ser de ámbito nacional é a que empezamos a empregar para algunha actividade fora de Galicia.

O Torneo terá lugar a través do equipo de Lichess de SEDA.
Non berseker, non puntos extras por vitorias consecutivas.

Ritmo 3+2 durante 45 minutos


SÁBADO ÁS 17,00

Rematada tamén a Liga AGAX Sub12, este sábado temos o XXIX Torneo Lóstrego da UDC.
Aberto a todos os interesados. 

Unha actividade que se engloba no peche de curso da Asociación estudantil Hercle. Podes inscribirte en www.hercle.org

(Se queres podes asistir a unha actividade de billar e mesmo de maxia).


DOMINGO DE 11,00 A 14,00
Sesión de mañán do Día do deporte na rúa na Coruña. Teremos varios taboleiros para botar unhas partidas nos xardíns de Méndez Núñez.

DOMINGO DE 16,00 A 18,00
Sesión de tarde do Día do deporte na rúa na Coruña. Temos dúas actividades a propoñer;

O Domingo Online habitual ás 17,00. Torneo de AGAX e do Club Deportivo Auténtico a través do Club CC Los Rosales de lichess.org. (Ven a xogalo alí e así xa xogas logo o seguinte presencial). www.deporcultura.eu

Amigable de rápidas ás 18,00. Torneo final do Día do Deporte. Suizo a 5 roldas.

CURSOS

No verán imos facer varios cursos.
Polo de agora temos previsto os de INCUDE; un de finais elementais (dende o 5 ao 9 de xullo) e outro de formación de monitores (do 12 ao 19 de xullo).

FEDERARSE

Lembra que se queres federarte para xogar xadrez presencial podes pasar polo espazo do CIDU (PREME) ou de Xadrez das Mariñas (PREME)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.