24 de xuño de 2021

Aforismos de Leonardo

461.- Tigre.- Nace en Hircania. A súa pel manchada aseméllalle algo á pantera. É animal terriblemente veloz. Despois de levar os seus cachorros, o cazador pon algúns espellos no sitio de onde os roubou e foxe enseguida, montando no seu rápido cabalo. Cando volve a nai e observa os espellos postos sobre o chan, mírase neles e cre ver os seus cachorros. Rabuñando coas súas garras, descobre o engano, e entón, husmeando o cheiro dos cachorros, sae en persecución do cazador. 

Cando este vea preto, deixa caer un dos cachorros, que a nai colle e leva enseguida á súa cova, volvendo logo a correr tras o cazador, o cal abandona outro cochorro, e así até chegar cos restantes ao bote que o espera. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.