Ningún destes atrevidos aventureiros deu tanto que falar, durante algún tempo, como Avery, quen produciu tanto balbordo como agora Meriveis, ((xefe local do Afganistán que encabezou a rebelión contra a dominación persa en 1720)) e foi tido por persoa de gran importancia; en Europa dicíase que chegara a erixirse á dignidade de rei, e que sen dúbida era fundador dunha nova monarquía; que apresara, segundo dicían, inmensas riquezas, e casado coa filla do gran mongol, á que collera nun barco indio que caeu nas súas mans, e que tivera dela moitos fillos, vivindo con gran realeza e pompa; que construíu fortes, erixiu almacéns e foi dono dunha poderosa escuadra de barcos, tripulada por xentes hábiles de todas as nacións; que ordenaba comisións no seu propio nome aos capitáns dos seus barcos e aos comandantes dos seus fortes, e era recoñecido por eles como o seu príncipe.
Escribiron unha obra dramática sobre el, titulada Succesful Pyrate, e todos estes relatos obtiveron tal crédito que foron presentados ao Consello varios proxectos para armar unha escuadra para prenderlle, mentres outros se inclinaban por ofrecerlle a el e aos seus compañeiros un edicto de graza e convidarlles a regresar a Inglaterra con todos os seus tesouros, non fose que o seu crecente poderío entorpecese o comercio de Europa coas Indias Orientais.
Con todo, todo isto non eran senón falsos rumores, aumentados pola credulidade dalgúns e o humor doutros, que gustaban de contar cousas estrañas; pois mentres se dicía que aspiraba a unha coroa, andaba sen un chelín; e polo mesmo tempo en que contaban que posuía prodixiosas riquezas en Madagascar, morría de fame en Inglaterra.
Indubidablemente, o lector terá curiosidade por saber que pasou con este home, e cal era o fundamento de tantos falsos relatos sobre el; así que, da maneira máis breve posible, referirei a súa historia. Naceu no oeste de Inglaterra, preto de Plymouth, en Devonshire; sendo educado para a mar, serviu como piloto nun mercante durante varias viaxes comerciais: sucedeu que antes da paz de Ryswick (1697), en que se asinou unha alianza entre España, Inglaterra, Holanda, etc., contra Francia, os franceses da
Martinica facían contrabando cos españois do continente na parte do Perú, cousa que polas leis de España non está permitido aos amigos en tempos de paz, pois ninguén senón os españois de nacemento están autorizados a traficar naquelas rexións, nin pisar terra, sen exporse en todo momento a ser detidos e levados prisioneiros, polo que manteñen constantemente certos barcos vixiando a costa, os chamados gardacostas, con orde de apresar a toda embarcación que sorprendan dentro das cinco leguas da costa.

Agora ben, como os franceses volvéronse moi atrevidos no comercio e os españois andaban escasos de barcos, non sendo de ningunha forza os que tiñan, sucedía a miúdo que cando descubrían aos contrabandistas franceses, non eran o bastante fortes para atacarlles; así que España decidiu alugar dous ou tres poderosos barcos estranxeiros para o seu servizo; ao saberse isto en Bristol, algúns mercadores desta cidade armaron dous barcos de trinta e pico canóns, con 120 homes cada un, ben provistos de vituallas e munición e todos os demais pertrechos; e acordándose o prezo por certos axentes para España, ordenóuselles partir rumbo á Coruña [Groine], a fin de recibir ordes e tomar a bordo a determinados cabaleiros españois, que debían ir como pasaxeiros a Nueva España.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.