23 de xuño de 2021

Nacemento de Xocas

Hoxe 23 de xuño, no que moitos estarán coas cacharelas do San Xoan, temos que lembrar a Xaquín Lorenzo Fernández, coñecido como Xocas, que naceu en Ourense un 23 de xuño pero de 1907.

Ramón Otero Pedrayo dicía del que fora o maior etnógrafo da península ibérica. 

Tivo unha intensa vida adicada á cultura galega e foi impulsor e primeiro presidente do Museo do Pobo Galego. A foto corresponde á inauguración en 1977.


Información da vida de Xocas na Galipedia: https://gl.wikipedia.org/wiki/Xaqu%C3%ADn_Lorenzo 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.