17 de abril de 2021

INICIO DE PACTOS DIABOLICOS EN FLORES

PACTOS DIABOLICOS EN FLORES
Alejandro Dolina

Os Homes Sabios aseguran que nos vellos tempos, o demo e os seus subalternos paseaban con frecuencia polo barrio de Flores. Despois do anoitecer, na praza e a estacion, roldaban nobres e plebeios infernais.

Asmodeo, inspirador do xogo, visitaba as timbas. Baal-Fagor auspiciaba inventos e descubrimentos perversos.

Uzza e Azael ensinaban ás mulleres a maquillarse para acender a luxuria dos homes. E tamén axexaban Astaroth, Belial, Samiaza, Iekun e Belcebu, o señor das moscas.
  
O propio Satán paraba nunha leitaría da  rúa Artigas.

O aspecto dos demos permitia confundilos con cidadáns vulgares. E en verdade, isto é o que ocurria xeralmente. Só os moi sagaces alcanzaban a albiscar os sinais que denuncian ao que vén das tebras: a demasiada elegancia, os botíns relucentes, un anel no meñique, o reloxo de ouro, unha uña longa e afiada, un boleto no oxal da solapa.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.