1 de abril de 2021

Aforismos de Leonardo

450.- Esta arte contén e encerra en si todas as cousas visibles, o cal non está ao alcance da pobre escultura. Ela pode representar as cores e as medias tintas e figurar os obxectos transparentes, que o escultor reproducirá da natureza sen ningún artificio; o pintor mostrará a diversidade das distancias, mediante a variación que sofren as cores pola interposición do aire entre os obxectos e o ollo; e as néboas a través dos cales penetran con dificultade as imaxes dos obxectos; e as choivas, coas nubes e os montes e os vales tras de si; e o rebumbio que levantan os pés dos combatentes e que os cobren a eles mesmos; e as fumaredas máis ou menos densas; e os peixes que rebuldan baixo a superficie da auga, e o fondo desta; e, sobre as limpas areas da canle dos ríos, guixarros puídos de diversas cores, mesturados con herbas ondulantes; e as estrelas de diferentes alturas sobre nós; e así, outros obxectos innumerables, aos que non alcanza a escultura. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario