13 de abril de 2021

Einstein

Cóntase que un día, Albert Einstein púxose a escribir no encerado:

9x1 = 09
9x2 = 18
9x3 = 27
9x4 = 36
9x5 = 45
9x6 = 54
9x7 = 63
9x8 = 72
9x9 = 81
9x10 = 91

No salón fixéronse moitas burlas, porque Albert Einstein equivocouse. Xa que a resposta correcta de 9x10 é 90. Moitos alumnos riron diso.

Entón Albert Einstein esperou a que todos calasen, e dixo:

- A pesar de acertar as 9 preguntas ninguén me felicitou, con todo cando fallei só unha moitos empezaron a reir; iso significa que, a pesar de ter moito éxito, a sociedade fixarase no teu máis minimo erro e burlarase diso. Non deixes que unha simple critica destrúa os teus soños"

"A ÚNICA PERSOA QUE NON SE EQUIVOCA É A QUE NON FAI NADA"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.