O caso da señorita Amelia
Que o doutor Z é ilustre, elocuente, conquistador; que a súa voz é profunda e vibrante ao mesmo tempo, e o seu xesto avasallador e misterioso, sobre todo despois da publicación da súa obra sobre A plástica da ilusión, quizais poderiades negarmo ou aceptarmo con restrición; pero que a súa calva é única, insigne, fermosa, solemne, lírica se gustades, oh, iso nunca, estou seguro!
Como negariades a luz do sol, o aroma das rosas e as propiedades narcóticas de certos versos? Pois ben; esta noite pasada pouco despois de que saudamos o toque das doce cunha salva de doce taponazos do máis lexítimo Roederer, no precioso comedor rococó dese sibarita de xudeu que se chama Lowensteinger, a calva do doutor alzaba aureolada de orgullo, o seu bruñido orbe de marfil, sobre o cal, por un capricho da luz, víanse sobre o cristal dun espello as chamas de dúas buxias que formaban, non se como, algo así como os cornos luminosos de Moisés. O doutor endereitaba cara a min os seus grandes xestos e as súas sabias palabras. Eu soltara dos meus beizos, case sempre silenciosos, unha frase banal calquera. Por exemplo, esta:
-Oh, se o tempo puidese deterse!
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.