8 de abril de 2021

Aforismos de Leonardo

451.- A escultura non ten a beleza das cores nin a súa perspectiva; non pode, como a pintura, pór en perspectiva e desdebuxar os contornos das cousas remotas, porque para a escultura os contornos dos obxectos afastados son tan determinados como os dos obxectos próximos. Non saberá ocultar máis os obxectos remotos, mediante o aire interposto entre eles e o noso ollo, para que aparezan velados, como as figuras que mostran a espida carne baixo os veos que as cobren. 
Non poderán, en fin, representar miúdos guijarros baixo a superficie de augas transparentes. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario