7 de abril de 2021

Boa resposta

Estaba o filósofo Dióxenes ceando lentellas cando lle viu o filósofo Aristipo, que vivía confortablemente a base de adular ao rei.

E díxolle Aristipo:

- Ai, Dióxenes! Se aprendeses a ser máis sumiso e a adular máis ao emperador, non terías que comer tantas lentellas. 

Dióxenes contestou: 

-Se ti aprendeses a comer lentellas non terías que ser sumiso e adular tanto ao emperador.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.