11 de decembro de 2018

Inicio de O cuarto dobre

Charles Baudelaire
O cuarto dobre

Un cuarto que parece un desvarío, un cuarto verdadeiramente espiritual, onde a atmosfera estancada está lixeiramente tinguida de rosa e de azul.

A alma alí toma un baño de preguiza, aromatizado polo remorso e o desexo. - Hai algo de crepuscular, de azulado e de rosado, un delirio de deleite  durante unha eclipse.

Os mobles teñen formas alongadas, prostradas, lánguidas. Os mobles teñen aire de soñar; dirase dotados dunha vida sonámbula, como o vexetal e o mineral. As materias falan unha lingua morta como as flores, como os ceos, como os soles poñentes.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.