O Baqueano
Domingo Faustino Sarmiento
Despois do rastreador, vén o baqueano, personaxe eminente e que ten nas súas mans a sorte dos
particulares e das provincias. O baqueano é un gaucho grave e reservado, que coñece a palmos, vinte mil leguas cadradas de chairas, bosques e montañas. É o topógrafo máis completo, é o único mapa que leva un xeneral para dirixir os movementos da súa campaña. O baqueano vai sempre ao seu lado. Modesto e reservado como unha tapia, está en todos os segredos da campaña; a sorte do exército, o éxito dunha batalla, a conquista dunha provincia, todo depende del.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.