17 de decembro de 2018

Inicio de O Vampiro

Horacio Quiroga
O Vampiro


-Si?dixo o avogado Rhode-. Eu tiven esa causa. É un caso, bastante raro por aquí, de vampirismo. Rogelio Castelar, un home até entón normal fora dalgunhas fantasías, foi sorprendido unha noite no cemiterio arrastrando o cadáver recentemente enterrado dunha muller. O individuo tiña as mans esnaquizadas porque removera un metro cúbico de terra coas uñas. No bordo da fosa xacían os restos do cadaleito, recentemente queimado. E como complemento macabro, un gato, sen dúbida forasteiro, xacía por alí cos riles rotos. Como ven, nada faltaba ao cadro.

Na primeira entrevista co home vin que tiña que habermas cun fúnebre tolo. Ao principio teimou en non responderme, aínda que sen deixar un instante de asentir coa cabeza aos meus razoamentos. Por fin pareceu achar en min ao home digno de ouvirlle. A boca tremíalle pola ansiedade de comunicarse.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.