16 de decembro de 2018

Inicio de O anxo

Hans Christian Andersen
O anxo


Cada vez que morre un neno bo, baixa do ceo un anxo de Deus O noso Señor, toma en brazos o corpiño morto e, estendendo as súas grandes ás brancas, emprende o voo por encima de todos os lugares que o raparigo amou, recollendo á vez un ramo de flores para ofrecelas a Deus, con obxecto de que luzan alá arriba máis fermosas aínda que no chan. O noso Señor apértase contra o corazón todas aquelas flores, pero á que máis lle gusta dálle un bico, co cal ela adquire voz e pode xa cantar no coro dos bienaventurados.
Velaquí o que contaba un anxo de Deus O noso Señor mentres levaba ao ceo a un neno morto; e o neno escoitábao como en soños. Voaron por encima dos diferentes lugares onde o pequeno xogara, e pasaron por xardíns de flores espléndidas.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario