31 de decembro de 2018

Inicio de A nena dos mistos

Hans Christian Andersen
A nena dos msitos


Que frío facía!; nevaba e comezaba a escurecer; era a última noite do ano, a noite de San Silvestre. Baixo aquel frío e naquela escuridade, pasaba pola rúa unha pobre nena, descalza e coa cabeza descuberta. Verdade é que ao saír da súa casa levaba zapatillas, pero, de que lle serviron! Eran unhas zapatillas que a súa nai levara ultimamente, e á pequena víñanlle tan grandes, que as perdeu ao cruzar correndo a rúa para librarse de dous coches que viñan a toda velocidade. Unha das zapatillas non houbo medio de atopala, e a outra lla puxo un mozalbete, que dixo que a faría servir de berce o día que tivese fillos.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario