Miguel-Anxo Murado López naceu en Lugo o 2 de maio de 1965, escritor, periodista e guionista español.
OS INMORTAIS
Eric contounos isto: estaba en Campuchea, creo, facendo fotografias nunha aldea que semellaba baleira, cando apareceron uns nenos.
—Ocorréuseme imitar o chío dun paxaro, un Sitta Frontalis, que ébastante común nas selvas do surleste asiático e que, din, dá boa sorte. Eles, os nenos, repetiron o chío e seguíronme. Das cabanasforon saíndo máis e máis pequenos. Internámonos na selva e, cando me dei conta, tras de min viñan douscentos ou trescentos cativos. Sentinme o frautista de Hamelin. Entón chegamos a un enorme prado de opio. Non sei se vistes algunha vez un gran campo de opio. Éa color máis marabillosa que existe. Entón puxéronse a cantar.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.