Sempre soñei con voar.
5. GAIVOTA DO XAPÓN
Dorme nunha onda
de suaves nubes
oh belo paxaro branco
O ulular do motor
é unha doce nana
o sol poñente
arranca escintileos de ouro
na carlinga
ós seus pés o Pacífico
esténdese fermoso
o horizonte sorrí
ó navegante solitario
na súa viaxe
a ningunha parte
a todas partes
o destino non é
unha promesa
só unha suxestión
A liberdade
é o verdadeiro ceo
Dedicado á nave máis fermosa que xamáis surcara o ceo.
por Jorge Núñez Rodríguez, a catorce de maio de 2017
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.