Un oficial gascón recibira de Luís XIV unha gratificación de cento cincuenta doblóns e, recibo en man, entra sen facerse anunciar na casa do señor Colbert, que estaba sentado á mesa con varios cabaleiros
-Señores, cal de vós -pregunta cun acento que delataba a súa patria- quen, rógovolo, é o señor
Colbert?
- Eu, señor -respóndelle o ministro-. En que podo serviros?
-Unha fruslería, señor. Trátase tan só dunha gratificación de cento cincuenta doblóns que é preciso que me descontedes deseguido.
O señor Colbert, que se dá perfecta conta de que o personaxe se prestaba á burla, pídelle permiso para acabar de cear e, para que non se impaciente, rógalle que sente á mesa con el.
-Con moito gusto -contestou o gascón-, excelente idea, pois non ceei aínda.
Terminada a comida, o ministro, que tivo tempo de previr ao encargado maior, di ao oficial que xa pode subir ao despacho, que o seu diñeiro lle espera; o gascón sobe... pero non lle entregan máis que cen doblóns.
-Queredes chancear, señor? -di ao funcionario-. Ou non véis que a miña orde di cento cincuenta?
-Señor -contéstalle o escribiente-, vexo perfectamente vosa orde, pero descóntovos cincuenta doblóns pola cea.
-Pardiez, cincuenta doblóns! Se na miña pousada cústame só dez soldos!
-Créovos, pero alí non tedes a honra para cear cun ministro.
-Perfectamente -replica o gascón- nese caso, señor, gardárdelo todo; mañá traerei a un dos meus amigos e estamos en paz. A resposta e a broma que lle provocou fixeron rir durante un intre á corte; engadíronse os cincuenta doblóns á gratificación do gascón, que regresou triunfalmente á súa terra, fixo o eloxio das ceas do señor Colbert, de Versalles e de como era alí recompensado o enxeño do Garona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.