7 de maio de 2017

Poesías galegas, por Jorge Núñez Rodríguez - 4

Máis vale tarde que nunca.

4. A AMANTE FORTUNA

Son o último vagabundo,
camiñando na doce noite,
só no meu final
abandonado pola fortuna
vella amante resentida
que de tanto malgaste
sangra as miñas contas
nunca pagadas.


Baixo a gris mirada da Lúa
febril luz do tempo sin tino
último camiñante no páramo perdido
alma errante
eremita descoñecido
espírito olvidado sen remedio vencido
polas barbas do tempo
dun Saturno inclemente
que en nome da roda sen fin
impunes crímenes comete

por Jorge Núñez Rodríguez, a oito de maio de 2017.

Ningún comentario:

Publicar un comentario