Cando reparei naquel anuncio, o corazón aceleróuseme de xeito incontrolado. ¡Era xusto o que andaba a buscar, a solución para tantos problemas como se me foran acumulando nos últimos meses! Levaba consumidas horas e máis horas na procura dun traballo digno, pero o único que me aparecera ata daquela eran labores humillantes e mal pagados, reflexo fiel desta vaga de escravitude que o asolaga todo. ¡E agora alí, diante dos meus ollos, estaba o emprego co que sempre soñara!
Éche boa verdade iso de que os camiños do Señor son sempre inescrutables. Ou que, como lle gustaba dicir a aquel chalado que coñecín hai algunhas semanas no comedor de Cáritas, "O azar goberna as nosas vidas tal coma se fosen follas secas arrastradas polos ventos outonizos".
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.