14 de xullo de 2015

DERRIBO

DERRIBO

Até agora, sempre que demoliamos algunha casa, ou parte dela, era para construír outra nova, en xeral, mellor, ou máis alegre, máis remocicada, máis viva. Actuabamos como cirurxiáns ou como fornidas matronas e sentiámonos ben dando luz.

Por primeira vez, con esta casa que vedes na foto, contrátannos só para demolela, para pór o RIP definitivo nos seus cimentos, nos seus muros entre os que un día alguén correteou, riu, chorou, foi feliz, amou.

Cando acabemos o derribo, só quedará algunha pegada no terreo que a herba cubrirá nuns meses, e despois, ninguén lembrará nada do que alí houbo.

O sicario, o enterrador, a eutanasia, a homenaxe, o cheque.

DGM

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.