6 de xullo de 2012

Inicio de AMENCER EN MERCURIO, de Robert Silverberg

A nove millóns de millas da parte solar de Mercurio co Leverrier virando nunha serie de espirais que debían levarlle cara ao máis pequeno mundo do Sistema Solar, o segundo piloto, Lon Curtis decidiu pór termo á súa vida.

Curtis estivera agardando ansiosamente que se efectuase a aterraxe; a súa tarefa na operación xa concluíra, polo menos ata que os planos de aterraxe do Leverrier rozasen a esponxosa superficie de Mercurio. O eficaz sistema de arrefriado por sodio anulaba os esforzos do monstruoso Sol visible a través da pantalla posterior. Para Curtis e os seus sete compañeiros de tripulación, non había problemas; só tiñan que esperar mentres o autopiloto ía descendendo a nave espacial no que ía ser a segunda aterraxe do Home en Mercurio.

O comandante do Voo, Harry Ross, estaba sentado preto de Curtis cando notou o súbito envaramento das mandíbulas do piloto. De súpeto, Curtis agarrou a panca de control. Desde as rodas metálicas que fiaban o espumoso armazón, chegou un estalido verdoso de fluorocreno en disolución; o fulgor desvaneceuse. Curtis púxose en pé.

- Vas a algún sitio? - preguntoulle Ross.

- Non, só a dar unha volta. - A voz de Curtis soaba estraña.

Ross volveu dirixir a súa atención ao seu microlibro, mentres Curtis afastábase. Ouviuse o son de cremalleira dun grapón de proa ao ser manipulado, e Ross sentiu un frío momentáneo cando o aire xeado do compartimiento do reactor superrefrixerado coouse até alí.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.