Hai lóstregos de espranza
na lonxitú do mar
e comenza a alborada
n-un céltico cantar.
A belida Galiza
durmida nas suas mágoas
pon un ronsel de prata
na inquedanza das augas.
Na sua misa lírica
leva o Santo Graal
e comulga con sol
no tempro do aserán.
Os seus ollos chorosos
contempran o camiño
que riscan as estrelas
en sourel remuiño.
Y-a nosa santa TERRA
magoada de penares
escoita a canzón brava
que balbordan os mares.
Soñando no futuro,
esquencendo o presente.
Leva no seu ollar
a lumeira do abrente.
Os roxos aturuxos
encenderon no lonxe
lumeiradas de sangue
nos cabezos dos montes.
Camina de vagar
unha estrela viaxeira
e na conca da ría
bebe o sangue da TERRA.
(...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.