O libro liberado hoxe é unha das novelas de aventuras mais coñecidas; As aventuras de Tom Sawyer de Mark Twain.
É o noveno libro, que estará a disposición esta semana (no Centro Universitario de Riazor).
Título: As aventuras de Tom Sawyer.
Autor: Mark Twain
Número Brigantium: 9
ISBN: 8424159128
Número BCID: 930-11100957 (ligazón a bookcrossing)
Idioma: castelán
Edita: Everest
Temática: Literatura
Páxinas: 256
En varias páxinas hai selos do CIDU.
Invitamos a xente a ler este libro e compartir as súas opinións.
Xénero Narrativa,
Título orixinal The Adventures of Tom Sawyer
País Estados Unidos
Data de publicación 1876
As aventuras de Tom Sawyer é unha novela do autor estadounidense Mark Twain publicada en 1876, actualmente considerada unha obra mestra da literatura. Relata as aventuras da infancia de Tom Sawyer, un neno que crece durante o antebellum do Sur dos Estados Unidos en «St. Petersburg», unha poboación da costa do río Mississipi inspirada en Hannibal, onde creceu o autor. É o relato duns meses na vida deste neno que vive nunha cidade pequena do suroeste de Estados Unidos a beiras do río Missisipi.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.