No seo da terra unhas unllas desesperadas rabuñaban nas táboas. ¿Rabuñaban? Non sei, non sei. Alí preto había un sacho... ía xa cara a él cando fiquei suspenso. Polo camiño que pasa a rentes do camposanto sentíanse pasadas e rumor de fala. Viña xente. Entonces si que sería absurda, tola, a miña presencia alí, daquelas horas e cun sacho na man.
¿Ía dici que o deixara enterrar sabendo que estaba vivo?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.