29 de maio de 2012

Boletin da SAGA

A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) acaba de lanzar o seu anuario Fol de Veleno. Logo dun primeiro número publicado en 2010 da man do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca, a cabeceira inicia con esta entrega a súa andaina como publicación anual da SAGA.

Nos contidos desta xeira atopamos análises sobre ídolos e pedrafitas en Galicia e no Noroeste Peninsular, unha compilación de métodos tradicionais para tratar espullas ou unha análise das lendas urbanas no noso país. Unha biografía de Taboada Chivite ou un artigo sobre a vertente etnográfica da arte son outros artigos que fan parte desta entrega.

Mais

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.