Trátase dunha dura e realista novela escrita en 1898 polo valenciano Vicente Blasco Ibáñez.
Di el mesmo que a novela sae dun breve conto que escribe como medio de liberación cando perseguido polas autoridades se encontraba escondido nunha barraca e co ánimo moi pésimo, pois pensaba que pronto o atoparían.
Máis tarde, debido á entusiasta recomendación dun colega francés que lle anima a desenrolar máis a historia, nacerá de ahí a magnífica novela que será un éxito en Francia e que pasará por España máis ben desapercibida.
Descríbese aquí maxistralmente a miserable vida rural valenciana de finais do século XIX, as aldeanas supersticións e as malsás envexas entre veciños. Todo isto centrado en torno a unha pobre familia que ven sustituir a outra no aluguer dunha barraca de campo, por insolvencia dos anteriores de cara ó mesquiño propietario.
Pero á nova familia non lle vai ser fácil arraigar nesa maldita barraca pola que tantas vidas malviviron. Se ben parece que os campos van dando os seus froitos e a cousa tira para adiante, non será neste caso a caprichosa natureza os que os fustrigue, senón o mesmo pobo que os ve coma uns intrusos que se están levando con suor pero sen sangue os froitos que ós anteriores inquilinos tanto lles custou.
Non cabe entender semellante enredo mental neses ignorantes campesiños, pero o certo é que canto menos se entende unha cousa máis dano fai. Sexa cal sexa o razoamento ben son evidentes as penosas andanzas polas que Batiste, o protagonista, ten que atravesar para saír adiante.
Mais paradóxicamente algunhas veces a única maneira para poder seguir adiante, e volver cara atrás. Se ben e certo que nunca se pode regresar dalgún lugar sen deixar alí unha parte de nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.