4 de marzo de 2012

Almas mortas II

Don Ramonciño: Cartos que son remedio de momento; cartos que perxudican ó longo; cartos que fomentan a folgazanería en moitos fogares; cartos que axudan a aumentaren a nosa resiñación; cartos que sirven para encarece-las terras i-a vida -novo factor emigratorio- e para desgaleguiza-las almas. Inda nos millores tempos que recordan os nosos emigrados pra se faceren ricos, eu non sei que industrias fundasen no chan nativo. Ningunha gran industria se lles debe a eles. (Si houbese algunha excepción confirmaría a regra). En troques empregan os seus diñeiros en negocios extranxeiros. Nin construíron un tranvía, nin unha fábrica, nin exprotaron unhas minas, nin ergueron apenas unha granxa agrícola. Franceses e cataláns viñeron a enriquecérense eiquí industrialmente; maragatos e casteláns a seren donos do millor comercio... I-os hospitaes e os asilos, amigo, cáseque son a razón inversa do progreso. Tres anos de cativas colleitas e sin recibir cartos das Américas, trocarían a mansedume labrega en revolución fecunda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario