31 de marzo de 2012

20.000 leguas de viaxe baixo os mares (LXVIII).

Efectivamente, o bo raparigo, empedernido clasificador, non era un naturalista. Eu creo que non era capaz de distinguir un atún dun bonito. O contrario que o canadense, que nomeaba todos os peixes sen vacilar.
-Un baliste -dixera eu.
-E é un baliste chinés -respondeu Ned Land.
-Xénero dos balistes, familia dos esclerodermos, orde dos plectognatos -murmurou Conseil.
Decididamente, entre os dous, Ned e Conseil, formarían un brillante naturalista. Non se equivocou o canadense. Un grupo de balistes, de corpo comprimido, de pel granulada, armados dun aguillón no dorso, evolucionaban en torno ao Nautilus, axitando o catro fileiras de punzantes e erizadas espiñas que levan a ambos os dous lados da cola. Nada máis admirable que a pigmentación da súa pel, gris por arriba e branca por baixo, con manchas douradas que centelleaban entre os escuros remolinos da auga. Entre eles, movíanse ondulantemente as raias, como bandeiras ao vento. Con gran ledicia pola miña banda, vin entre elas esa raia chinesa, amarelada por arriba e rosácea por abaixo, provista de tres aguillóns tras o ollo; unha especie rara e de dubidosa identificación na época de Lacepède, quen unicamente puido vela nun álbum de dibuxos xaponeses.
Durante un par de horas, todo un exército acuático deu escolta ao Nautilus. No medio dos seus xogos, dos seus movementos nos que rivalizaban en beleza, brillo e velocidade, distinguín o labro verde; o salmonete barbatus, marcado cunha dobre raia negra; o gobio eleotris, de cola redondeada, de cor branca salpicado de manchas violetas no dorso; o cascallo xaponés, admirable caballa deses mares, co corpo azulado e a cabeza prateada; brillantes azurores que o seu nome dispensa de toda descrición; os esparos raiados, coas aletas matizadas de azul e de amarelo; os esparos ornados de faxas cunha banda negra na cola; os esparos zonéforos, elegantemente encorsetados nas súas seis cinturas; os aulostomas, verdadeiras bocas de frauta ou bolseiras mariñas, algúns dos cales alcanzaban unha lonxitude dun metro; as salamandras do Xapón; as morenas equídneas, longas serpes con ollos vivos e pequenos e unha ampla boca erizada de dentes...
Contemplabamos o espectáculo cunha admiración infinita que expresabamos en incontido interxeccións. Ned nomeaba os peixes, Conseil clasificábaos, e eu me extasiaba ante a vivacidade das súas evolucións e a beleza das súas formas. Nunca até entón foime dado poder contemplalos así, vivos e libres no seu elemento natural.
Non citarei todas as variedades, toda esa colección dos mares do Xapón e da China, que pasaron así ante os nosos ollos cegados. Máis numerosos que os paxaros no aire, todos eses peixes pasaban ante nós atraídos sen dúbida polo brillante foco de luz eléctrica.
Súbitamente, desapareceu a encantadora visión ao pecharse os paneis de aceiro e iluminarse o salón. Pero durante longo tempo permanecín aínda arrobado nesa visión, ata que a miña mirada fixouse nos instrumentos suspendidos das paredes. O compás mostraba a dirección Norte-Nordeste, o manómetro indicaba unha presión de cinco atmosferas correspondente a unha profundidade de cincuenta metros e a corredera eléctrica daba unha velocidade de quince millas por hora.
Eu esperaba que aparecese o capitán Nemo, pero non o fixo. Eran as cinco no reloxo.
Ned Land e Conseil regresaron ao seu camarote e eu fixen o propio. Achei servida a comida, composta dunha sopa de tartaruga, dun múlido de carne branca, cuxo fígado, preparado aparte, estaba delicioso, e filetes de emperador cuxo gusto pareceume superior ao do salmón.
Pasei a velada lendo, escribindo e pensando. Logo, gañado polo soño, deiteime e durminme profundamente, mentres o Nautilus deslizábase a través da rápida corrente do río.

Ningún comentario:

Publicar un comentario