22 de abril de 2011

Diccionario de persoaxes históricos

ADÁN [1] (apelido descoñecido), antepasado, explorador, xardineiro, e fundador da historia. Os biógrafos discuten acerca da súa liñaxe. Ao parecer naceu o primeiro sábado do primeiro ano. Sábese pouco da súa vida de neno. Educación: autodidacta. Introduciuse na xardinaría e nos negocios hortícolas de mozo. Era un forte anti-polígamo e casou con Eva, unha parente próxima. Nenos: Cain e Abel. Foi rico e feliz durante algúns anos, pero desafortunadamente a súa posición cambiou polas ambicións frutíferas da súa esposa, de xeito que perdeu o favor do propietario do xardín e o negocio quebrou.
A. comezou varias cousas que non se perfeccionaron.
Dieta: Afeccionado de mazás. Recreación: Xadreces, agricultura.
Dirección: Edén. Clubs: Membro de todos os exclusivos.
[1] Nota: Adán non debe estar primeiro, pero dáselle esa posición por respecto.


Se queres ler mais de Adán, dende un punto de vista simpático, Mark Twain escribiu "Diario de Adán e Eva", mira a reseña do libro premendo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.