Os medios de comunicación galegos enfocan a Cultura preferentemente como Ocio. Este é un dos motivos polo que a maior parte dos suplementos dos xornais se publican na fin de semana, aumentando así o número de noticias culturais. A principal conclusión que se desprende deste estudio é a pouca relevancia da información cultural na prensa diaria:
Á hora de falar de porcentaxes, non existe gran diferencia entre os temas máis frecuentes. Un 17% das informacións culturais tratan sobre temas relacionados coas artes musicais. A maioría son noticias nas que se anuncian ou se fan críticas de actuacións musicais. O seguinte tema máis habitual na prensa na fin de semana é a literatura cun 16%. A maior parte son críticas e reseñas das novidades editoriais. Á literatura séguenlle en número de noticias as artes audiovisuais, as artes plásticas (exposicións de arte en gran parte) e as artes da representación/teatro.
O 62,5% das noticias analizadas non citan nin sequera unha fonte. Isto evidencia a falla de contraste á hora de elaborar os contidos culturais, xa que só o 7,4% das informacións conteñen máis dun punto de vista.
A fonte máis recorrida (un 50,6%) é a que cualificamos como “Individuo”, persoas que non representan a ningunha institución, empresa ou asociación e das que parte a información. A Administración Pública (concellos, Xunta de Galicia, deputacións e Estado), cun 18%, e as diferentes fundacións (Caixa Galicia, Barrié de la Maza, Caixanova e outras) cun 9,6% son, despois de Individuo, as fontes máis utilizadas. Empresas privadas e asociacións tamén protagonizan as informacións nun 7,4% e nun 7%, respectivamente.
Á hora de falar sobre a lingua que escolle a prensa para tratar a información cultural, os xornais decántanse polo castelán para transmitir este tipo de contidos. Só o 30,2% están escritas en galego. Ó contrario do que sucede na prensa, a lingua predominante na información radiofónica é claramente o galego. Un 83% das noticias recollidas están nesta lingua.
O xoves é o día da semana no que os xornais publican máis noticias culturais e o luns o que menos, xa que aumenta o número de páxinas dedicadas á información deportiva. Isto provoca unha diminución de contidos e de planas no resto das seccións sendo as páxinas de local as máis afectadas. A medida que se achega a fin de semana vai en aumento cantidade de información cultural que publican os diarios e tamén é cando aparecen os suplementos semanais:
Ó igual que acontece durante a fin de semana, o tema máis frecuente na información cultural son as noticias relacionadas coas artes musicais. A literatura ocupa o segundo lugar cun 12,5% dos contidos dedicados a ela. A principal conclusión que se desprende deste estudio é a pouca relevancia da información cultural na prensa diaria:
Á hora de falar de porcentaxes, non existe gran diferencia entre os temas máis frecuentes. Un 28,4% das informacións culturais tratan sobre temas relacionados coas artes musicais. A maioría son noticias nas que se anuncian ou se fan críticas de actuacións musicais. O seguinte tema máis habitual na prensa na fin de semana son as artes audiovisuais cun 16,1%. A maior parte son críticas e reseñas das novidades cinematográficas. Ás artes audiovisuais séguenlle en número de noticias as artes plásticas (exposicións de arte en gran parte) e a literatura. A principal conclusión que se desprende deste estudio é que a cultura non desenvolve un
papel preponderante no discurso xornalístico galego: Os medios de comunicación galegos enfocan a Cultura preferentemente como Ocio ou como Espectáculo, polo que se pode afirmar que non desenvolve un papel preponderante no discurso xornalístico galego. Este concepto aparece case sempre vinculado a actividades de lecer como ler un libro, ir ó cine, ó teatro ou a un concerto. Este é un dos motivos polo que a maior parte dos suplementos dos xornais se publican na fin de semana, aumentando así o número de noticias culturais.
Pouco relevante. A maioría non supera o 25% do espacio da páxina e en poucas ocasións chega a portada. Nos medios audiovisuais sitúase ó final dos informativos e adoita ir detrás da información política e económica. Se ben os medios impresos recollen maior número de noticias culturais, á radio e á televisión só chegan as de maior transcendencia informativa. Predominio da información cultural local. A maior parte dos xornais galegos están destinados a un público dun área xeográfica concreta (p.ex.: Diario de Arousa) polo que a maioría das noticias atópanse nas páxinas dedicadas á información local.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.