En 1948, a Primeira Asemblea Mundial da Saúde propuxo que se establecese un «Día Mundial da Saúde» para conmemorar a fundación da Organización Mundial da Saúde. Desde 1950, o Día Mundial da Saúde celebrase cada 7 de abril. Todos os anos elíxese para esa xornada un tema de saúde específico a fin de destacar unha área prioritaria de interese para a OMS.
O Día Mundial da Saúde brinda unha oportunidade de ámbito mundial para centrar a atención en importantes cuestións de saúde pública que afectan á comunidade internacional. Con ocasión do Día Mundial da Saúde lánzanse programas de promoción que se prolongan longo tempo tras o 7 de abril.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.