A escritora Rosa Aneiros foi a encargada de inaugurar a Feira do Libro de Ferrol, que se celebrará até o próximo domingo no Cantón de Molíns. Alí están xa instalados un total de once postos, sete dos cales son de librarías que aplicarán descontos do 10%. A de Ferrol é a primeira feira do libro que se celebra este ano en Galicia e o seu programa inclúe, ademais de presentacións de libros, unha serie de actividades teatrais e musicais.
Entre as novidades deste ano, destaca a celebración na Fundación Novacaixagalicia dun maratón de lectura que terá en Castelao o seu eixe central e que se desenvolverá tanto para centros escolares como para o público xeral. Outro evento destacado da programación será a representación de Cunqueiradas, o monólogo cómico de Cándido Pazó sobre o autor de Merlín e Familia, que xa foi presentado na Cidade da Cultura.
Mais
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.