27 de abril de 2011

Ciencia e supervivencia


Baixo este título tan indicativo escóndese un libro escrito no ano 1966 por un autor pouco coñecido, Barry Commoner, naquela época director da facultade de bioloxía da universidade de Washington.

Sorprende deste libro o actualizado que poden estar as súas ensinanzas, adaptadas e traídas ao contexto do presente.

Fala da relación ciencia - ser humano, unha relación moi pasional e ardente, pero ó mesmo tempo irracional e chea de celos .

Por medio dun estilo moi didáctico e claro, o autor nos leva da man pola historia da ciencia e o progreso da tecnoloxía, pero centrándose non nos logros desta,senón nos desatinos que en moitas ocasións cometeu avanzando sen base firme e sen un coñecemento adecuado sobre as consecuencias que deixan tras de sí.

Exemplos explicados no libro son a costrucción e lanzamento de bombas atómicas, que foron no seu momento (agora están prohibidas) [edito] (non o están, as que si están prohibidas son as armas biolóxicas dende a convención de 1972 e as químicas dende 1993.Para as nucleares o que si existen son tratados de non proliferación e de desarme.Existen cinco paises nuclearizados que en casos moi excepcionais teñen amparo legal para usalas : EEUU, Rusia, Francia, Reino Unido e China) culmen armamentístico, orgullo da nación que a poseía, pero que tiveron efectos no medio ambiente nunha magnitude xamáis imaxinada. Pensemos non só nas duas bombas máis famosas que caeron alá donde agora sofren un problema similar, senón nas miles de probas nucleares que se efectuaron antes de teren lanzadas éstas.

Deterxentes que supuxeron un avance incrible na industria do lavado, pero que verquidos ó mar producían un efecto non pensado de contaminación severa.

Motores de combustión interna que incrementaron a eficiencia dos coches, e que existindo connosco desde hai máis de cen anos levan enrarecendo o aire desde entón e xa se prevé neste libro do problema do aumento de temperatura polo efecto invernadoiro.

E máis inventos coma éste, dos que non tivemos conciencia das desvantaxas que trouxeron, obnubilados polos beneficios, ata ben pasado un tempo, cando xa nos acostumamos a eles e moitas veces non había volta atrás.

O enfoque ven sendo ese,o de constatares con feitos previos e probados a conclusión final que non é máis cun alegato a favor da nosa supervivencia:
termos coidado con este xoguete tan perigosamente divertido, a ciencia, porque con respecto a ela non somos, por agora, máis ca nenos en pañais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.