O escritor e académico galego Xosé Neira Vilas animou os alumnos do colexio bonaerense Santiago Apóstol a manter o legado dos emigrantes galegos e a “exercitarse nunha morriña creativa e creadora”, durante un encontro por videoconferencia entre Galicia e a capital arxentina.
Na cita, organizada pola Xunta de Galicia para homenaxear o literato e académico no cincuenta aniversario da publicación da súa lembrada novela Memorias dun neno labrego, Xosé Neira Vilas afirmou sentirse “marabillado” por poder falar en galego e sobre a literatura galega con estudantes de nacionalidade arxentina.
Mais
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.