Cinco mil exemplares en galego e dez mil en castelán distribuídos cada dous meses en quioscos e dirixidos para os máis novos. Esta é a aposta que fai Retranca Edicións con Fiz a nova revista de banda deseñada que presentará no vindeiro Saló del Còmic de Barcelona. Na súas 36 páxinas podemos atopar traballos de Kiko da Silva (director da iniciativa) que recupera o personaxe que lle dá título ao proxecto, canda a outros autores galegos como José Domingo e Fernando Iglesias ou Víctor Rivas así como colaboradores foráneos. O proxecto, que entra en imprenta a finais desta semana, chegará aos quioscos a mediados do vindeiro mes de abril.
Máis info.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.