Así é: a cachucha entre dous lacóns cruzados, orlado de chourizos, botillo ou androias, todo en campo de grelos... é iste o emblema armeiro do Entroido. O cocido esta no seu colmen, é tempo de xantalo, igual que de beber os viños que acadaron a súa madurez, os tintos espesos pingan sobre as xerras de barro dourado de Niñodagía, semellan facer debuxos ou pinturas de Laxeiro sobre os labirintos das táboas das mesas de taberna, refregadas con lexía... as orellas de frade, e as tostadas borrachas, as filloas estan nas fontes de louza acompañadas do mel...son os postres compañeiros imprescindibles do mellor "dedal" de augardente. Todo convida a participar nunha mesa popular de compadres e amigos, denantes de argallar a comparsa e sumarse nas horas da tarde-noite á festa.
É difícil xantar mal neste tempo en calquera lugar de Galicia. A mesa é imprescindible na liturxia festiva do Entroido. Homildes,fidalgos e ri
cos esgazan os minifundios para sumarse á festa compartida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.