poesiagalega.org é o rótulo identificador dunha base de datos e dun repositorio sobre a poesía no campo cultural galego nos últimos dous séculos. Representa o resultado inicial dun traballo de colaboración en proceso que, a medida que incremente contidos e información, está chamado a constituírse nun dos lugares de referencia para o estudo e a investigación da poesía e a literatura galegas contemporáneas no espazo cultural de seu e nun marco amplo de relacións interculturais. E isto non só por facilitar documentación en acceso directo senón tamén por instaurar redes informativas que contribuirán a producir ideas, coñecemento, método e interrelacións non sempre previsíbeis de antemán.
Preme para entrar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.