A Cidade da Cultura acolle ata finais do mes de febreiro a exposición titulada Ex libris Gallaeciae, unha mostra que percorre a través de case 100 exemplares bibliográficos, entre códices, manuscritos e primeiras edicións, a construción da identidade cultural galega.
Os organizadores da mostra realizaron unha selección de obras bibliográficas de alto valor prestadas por unhas 20 institucións, arquivos, bibliotecas e particulares, algunhas delas nunca expostas anteriormente e todas representativas de momentos e elementos clave na cultura galega. A mostra está concibida como un libro, cun prólogo, onde poden verse os primeiros libros e xornais editados en Galicia, e catro capítulos, dedicados respectivamente, á constitución da identidade de Galicia, a lingua galega, as investigacións realizadas en Galicia e a vida cotiá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.