16 de maio de 2024

Aforismos de Leonardo

Fábulas 

595.- A muller e a candea.- As chamas duraban xa desde facía un mes no forno do vidreiro, cando viron achegárselles unha candea nun belo e lustroso candelero; esforzábanse, cheas dun gran desexo, en alcanzala. Unha delas, separándose do seu curso natural, e pasando a través dun tizón oco, do que se alimentaba, e escapándose por unha pequena hendidura ao lado oposto, arroxouse con suma gula e crueldade sobre a candea que lle estaba próxima, e devorouna até consumila case enteiramente; querendo logo prolongar a súa propia vida, tentou en balde volver ao forno de onde partira, pero non puido evitar morrer e extinguirse xunto coa candea. Así, finalmente, con prantos e arrepentimentos, converteuse en fume detestable, mentres as súas irmás seguían gozando de longa vida e espléndida beleza. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.