Unha das mellores cousas que podo dicir acerca de Bev é que non houbo nada na nosa vida xuntos que eu necesite esquecer, nin sequera o apracible momento da súa morte. Ela deume o último agasallo do seu amor, un pacífico tránsito sen temores nin bágoas pola súa banda, que aliviou os meus propios temores. Que maior don existe que o demostrar que non necesitas temer á morte?
A nota necrológica habitual dirá: Beverly Ann Stuart Forbes Herbert, nacida o 20 de outubro de 1926 en Seattle, Washington; morta ás 5:95 p.m. do 7 de febreiro de 1984 en Kawaloa, Maui. Sei que isto é unha formalidade moito maior da que ela tolerase. Arrincoume a promesa de que non habería un funeral convencional, «co sermón dun predicador e o meu corpo exhibido». Como ela dicía, «eu non vou estar nese corpo entón, pero merece unha maior dignidade da que proporciona esa exhibición»
Insistiu en que eu non fose máis lonxe que en facer que o seu corpo fose cremado e as súas cinzas esparexidas pola súa querida Kawaloa, «onde gozamos de tanta paz e amor». A única cerimonia... amigos e familiares no esparcir das súas cinzas mentres soan as notas de «Ponte sobre augas turbulentas»
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.