570.- O fume tenderá a tomar unha cor algo azulado, mentres que o po conservará o seu propio. Ao lado de onde vén a luz, esta mezcolanza de aire, fume e po parecerá moito máis lúcida que da parte oposta; os combatentes, canto máis se internen dentro desa turbia atmosfera, tanto menos aparentes serán ao observador, e menos sensible a diferenza entre as partes escuras e as iluminadas dos mesmos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.