8 de outubro de 2023

Frank Herbert naceu o 8 de Outubro

Frank Herbert naceu o 8 de Outubro de 1920 en Tacoma, Washington, e estudou na Universidade de Washington, en Seattle. Traballou nunha ampla variedade de empregos -incluíndo operador de cámaras en TV, comentador radial, buscador de perlas, instrutor de supervivencia, profesor de escritura creativa, reporteiro e editor de varios xornais- antes de converterse en escritor a tempo completo. En 1952, comezou a publicar ciencia ficción con "Looking for something" na revista "Startling Stories", pero o seu verdadeiro xurdimento como escritor de maior envergadura non sucedeu ata 1965, coa publicación de Dune. Completando daquela unha saga que o "Chicago Tribune" chamaría "un dos monumentos da moderna ciencia ficción". Foi tambien autor de preto doutro vinte libros, incluíndo "The Jesus Incident" ; "The Dosadi Experiment"; e "Destination : Void". Frank Herbert faleceu o 11 de Febreiro de 1986 en Madison, Wisconsin.

O MESIAS DE DUNE

Arrakis, tamén chamado Dune: un mundo deserto en pos do soño de converterse nun paraíso, berce de mil guerras que se estenderon por todo o universo, e dun anhelo mesiánico que tenta alcanzar o soño máis antigo da humanidade. Paul Atreides: un personaxe mitico, perturbado pola próxima presenza dunha sombra dominante: a súa irmá Alia. E fronte a eles, os grandes intereses económicos, políticos e relixiosos que sacoden os espazos interestelares: a CHOAM, a Confraría espacial, o Landsraad, a Bene Gesserit... Todo iso, e moito máis, conforma esta segunda entrega de Dune, un fresco impresionante e unha obra cume da imaxinación.

Frank Herbert foi xornalista, fotógrafo e director de xornal. En 1963, tras o éxito mundial da primeira entrega de Dune, dedicouse de cheo á literatura e ao estudo da ecoloxía e as enerxías alternativas. Dune foi adaptada ao cinema polo soado David Lynch, na película homónima protagonizada por Max von Sydow e Sting

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.