Afrodita (Venus para os romanos) namorouse de Anquises con quen tivo a Eneas, o fundador de Roma. Un dos escasos exemplos en que unha deusa uniuse a un mortal e tivo un fillo con el. Pero a deusa prohibíralle que o divulgase. Anquises, con todo, vangloriouse diso ante os seus amigos, polo que foi castigado coa cegueira.
Vello e cego, é rescatado da fumarenta cidade de Troia polo seu fillo Eneas, quen o traslada nas súas costas até as costas itálicas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.